Vistas de página en total

jueves, 17 de abril de 2008

O Paleolítico do Val de Lemos preséntase en Vilalba

a. lópez

Os achados arqueolóxicos que se realizan en Monforte serán difundidos nun congreso na capital chairega
Autor:
Francisco Albo
17/4/2008

difusión no ámbito académico das investigacións dos xacementos paleolíticos do sur lucense que coordina a Universidade de Santiago (USC) desde o 2006 dará un paso adiante no congreso arqueolóxico internacional que se levará a cabo en Vilalba entre o 11 e o 14 de xuño. Será a primeira vez que os resultados deste proxecto se expoñan nun simposio celebrado en Galicia. Anteriormente xa foran presentados á comunidade científica noutro congreso celebrado en Ávila o ano pasado e mediante informes publicados nas revistas especializadas Croa e Gallaecia .
O relatorio que se presentará no congreso de Vilalba centrarase nun aspecto moi determinado das investigacións que se están realizando no sur da provincia. Nesta intervención falarase sobre todo dos xacementos do período achelense que foron localizados nos arredores da área urbana de Monforte, principalmente nos lugares das Lamas e A Gándara e na parroquia do Chao do Fabeiro. As industrias de tipo achelense encádranse no Paleolítico inferior e desenvolvéronse en Europa occidental durante un período de entre 500.000 e 300.000 anos de antigüidade. As ferramentas desta clase achadas en Monforte son moi numerosas, pero os investigadores aínda non conseguiron datalas con precisión.
Nas investigacións que dirixe a USC -que se desenvolven ademais en Becerreá, Quiroga e O Courel- están aparecendo tamén importantes vestixios doutras épocas moi diferentes do Paleolítico. «Centrarémonos no período achelense no informe que presentaremos en Vilalba porque será unha comunicación máis ben breve e queremos ofrecer unha exposición bastante detallada», explican os arqueólogos.
Por outra parte, o equipo científico ultima a primeira exposición divulgativa sobre estas investigacións, que se presentará en Monforte o mes próximo e para a que xa se conseguiu o apoio económico do Concello.
Tomado de: http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/04/17/0003_6740020.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario