Vistas de página en total

miércoles, 1 de octubre de 2008

Localizan novos restos de edificacións castrexas nas sondaxes arqueolóxicas de San Vicente do Pino

Restos dun muro localizado na parte baixa do monte
Autor de la imagen: ALBERTO LÓPEZ

As sondaxes que se levan a cabo no asentamento castrexo do monte de San Vicente do Pino, en Monforte, continúan proporcionando achados arqueolóxicos que parecen confirmar as suposicións dos especialistas que datan este asentamento entre mediados e finais do século I.
Un dos novos restos postos ao descuberto consiste nun trozo de muro dobrado en ángulo recto, que presenta unha forma redondeada pola súa cara exterior. Esta construción apacereu nunha sondaxe praticada na parte baixa da ladeira do monte, a uns corenta metros de distancia do arroio Zapardiel. Segundo o arqueólogo Iván Álvarez, que dirixe os traballos, a construción presenta trazos característicos da arquitectura castrexa con influencia romana.
Por outro lado, nunha cata arqueolóxica de maior extensión apareceron outros restos que parecen pertencer a un treito dunha antiga rúa construída con cascallo e argamasa branca, cun canal de drenaxe no centro. Os investigadores esperan confirmar en breve esta suposición, cando a escavación deste punto se encontre un pouco máis avanzada. Así mesmo, noutra sondaxe praticada a maior altura na ladeira -onde en días pasados xa apareceron restos de muros- localizouse unha laxe de pedra fincada no chan que, en opinión de Iván Álvarez, pode ter formado parte dunha lareira. Nas difentes escavacións feitas nos últimos días, ademais, desenterráronse fragmentos de cerámica, se ben moito menos numerosos que os que foron descubertas o ano pasado nesta parte do monte.
A campaña arqueolóxica terminará o próximo venres, aínda que podería prolongarse por espazo de dous ou tres días se se considera necesario.
Tomado de: http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/10/01/0003_7186589.htm